miércoles, 25 de marzo de 2015

SAÍDA CULTURAL

O pasado xoves día 12, os nen@s de 3º e 4º de Primaria saímos de excursión. Visitamos as instalacións da fábrica de froitos secos "El nogal". Nela puidemos ver todo o proceso produtivo; dende como chegaban os froitos á fábrica, ata como se preparaban e se envasaban. Incluso vimos un xeito novedoso de almacenalos para aforrar espacio. Despois diso, e de facer unha paradiña para merendar, visitamos os petróglifos de Mogor. Os monitores explicáronnos un pouco sobre o seu significado e a súa función. Ao final ensináronnos como se facía o lume na antigüidade. Foi moi espectacular! Para rematar comemos no Parque dos Sentidos, en Marín. Alí rematamos a xornada xogando e disfrutando do parque que é mooooi bonito.

PRESENTACIÓN DIAPOSITIVAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario