jueves, 18 de diciembre de 2014

FELIZ NADAL!!!!!!!!!!!!!

Hola eu son Hugo . O blog paréceme fantástico porque eu cando non vou ao colexio entérome de todo . O de Bianca e Lara gustoume moito porque nunca gañamos dous concursos ao mesmo tempo. Estes días,  como estamos no Nadal fixemos un mural para decorar a clase. Aproveito para dicirvos de parte de tod@s FELIZ NADAL !!!!!!!!!!!!!!!! e déixovos as fotos da nosa árbore e de todos nós.





NORABOA AOS GAÑADORES!!!

Hola son Alba.Hoxe son a encargada do blog e teño dúas noticias moi importantes que contarvos:
A primeira; Bianca, a nena que onte actualizou o blog, quedou finalista no concurso "Sanxenxo no Nadal". Que sorte! A verdade é que debuxa moi ben. O premio é unha invitación para ver unha película e acompañar aos Reis Magos de Oriente na cabalgata do día 5 de Xaneiro.
A segunda cousa importante é que outra nena da nosa clase, Lara,  que hoxe non veu porque está maliña,  foi unha das gañadoras do concurso de debuxo do cole. Poderedes ver o seu debuxo e o de Sara Salomón de 3 anos (a outra gañadora),  no noso calendario do ano que ven. Ás dúas lles darán un agasallo no acto de entrega de diplomas de fin de curso.
Déixovos unha foto  de Lara para que a coñezades.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Hola, son Bianca. Teño 9 anos.Estudo 4ºE.P. e hoxe tócame a min actualizar o blog.O mural de WELCOME gustoume moito e espero facer moitas máis cousas. Aquí vos deixo a miña foto. Espero vervos pronto.

BENVIDOS!!!

Ainda que xa pasou un tempo dende que comezou o curso pareceume unha boa idea ir amosando algunhas das actividades que facemos ao longo do ano.
Benvid@s a tod@s @s que vos achegades  a este recuncho!!! Espero que vos guste e que o visitedes tan a miudo como poidades. Creo que é a  mellor maneira de achegar a aula á casa e de que o voso contacto con nós sexa moito máis cercano. Sei que estades interesad@s e vos gusta coñecer qué facemos e cómo o facemos, por iso, na medida que poidamos, os nen@s e eu colgaremos aquí algúns dos nosos traballos.
Non temos grandes pretensións, so iso, amosar un pouquiño máis da tarefa diaria e, se fose posible; a ilusión e a curiosidade coa que facemos as cousas.
Esperamos que vos guste e que disfrutedes del tanto coma nós facéndoo!!!!